terra ibérica

Terra Ibérica é unha das mellores tendas en Galicia especializadas en produtos delicatessen.

No 2013 contactaron connosco para un proxecto completo de  branding. Deseñamos un logotipo cargado de significado e fixemos que o local reflectise a marca en cada detalle.

Creamos un set de packaging para os produtos mariños en conserva que seguen dando que falar.