unión joyera de bergondo

UJB deseña e fabrica alta xoiería pero a súa marca non reflectía ese nivel de calidade que as súas xoias transmiten.

Antes
old-logo
Despois
new-logo

Ideamos unha campaña de publicidade que reforzase o contacto co cliente. Campaña desenvolvida tras refinar a identidade coa que levan traballando máis de 30 anos.

Testemuño

BRINCO contactou connosco nunha feira sectorial e ensináronnos algúns dos seus traballos. Parecéronnos interesantes, polo que decidimos encargarlles o redeseño da nosa imaxe corporativa.

Desde o primeiro momento as súas propostas impactáronnos. O trato persoal foi impecable e moi próximo, mostraron verdadeiro interese por coñecer a filosofía e os valores da nosa empresa para tentar transmitilos na nosa imaxe.

Redeseñaron o noso logo, a nosa papelería, elementos de packaging etc., dándolle un aire moderno e actual á nosa imaxe, sen romper drasticamente co pasado e a tradición. Todas as súas propostas, incluso as que non foron adiante, mostraron unha gran orixinalidade e consistencia. O deseño das bolsas é espectacular, encantoulle a todo o mundo.

Quedamos realmente satisfeitos co seu traballo e esperamos seguir traballando con eles no futuro.

Fernando García, Xerente de Unión Joyera de Bergondo