labelfish

O grupo de Bioquímica de Alimentos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo coordinou seis países europeos (España, Reino Unido, Irlanda, Alemaña, Portugal e Francia) na investigación da etiquetaxe e a trazabilidade do peixe.

Cos resultados do estudo, pedíronnos divulgar o proxecto ao público xeral mediante a creación dun folleto e vídeo que comunicasen de forma clara e concisa os achados obtidos grazas ao proxecto Labelfish.

Unha vez finalizado o proxecto, deseñamos un novo folleto que resume os tres anos de traballo.