Lendas Vivas

Programa de TV “Lendas Vivas”. Sobre lendas galegas que representan un dos máis grandes valores inmateriais da cultura de Galicia. Lendas populares, históricas, relixiosas, pagás e mesmo artúricas. Un enorme traballo de investigación de Xosé Couñago que xunto con historiadores, expertos e entrevistas diversas a persoas das zonas onde ten lugar cada lenda conseguen facer entender e poñer en valor a enorme riqueza que representan as lendas galegas. Todo iso cunha parte ficcionada que nos introduce de cheo en cada lenda. Neste caso, en grao sumo coñecido en Galicia e en toda España, a Santa Compaña. Unha ficción creada e dirixida por brinco.