Tronka Jazz Quartet

Os sempre irreverentes Tronka Jazz Quartet organizaron un concerto para celebraren os seus 20 anos de existencia e para iso contaron con varios amigos da escena musical viguesa. Unha gran festa en La Iguana Club de Vigo. Aquí con “ Jarlivespinson” un clásico dos Tronka, colaborando nesta ocasión coa voz de Mario Rivergood e o guitarrista Davis Zarandón.