Vatapá

O quinteto vigués de jazz e bossanova “ Vatapá” celebraba o seu primeiro ano de existencia cun concerto en La Fábrica de Chocolate, en Vigo. Estiveron rodeados de varios amigos que compartiron escena con eles, entre os que destaca a moza Sú Garrido Pombo, cuxa voz é unha das máis consolidadas no panorama galego.