Esta política explica como se tratan os datos persoais que facilitas neste sitio web, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD).
1. Responsable do tratamento
- Responsable: Gonzalo Fernández García (brinco.)
- NIF: 36133717G
- Domicilio: Manuel de Castro 40, 7ºC, Vigo
- Contacto: hola@brincovigo.com
2. Datos que se tratan, finalidade e base xurídica
- Formulario de contacto. Nome, empresa, correo, teléfono, obxectivo elixido e mensaxe (opcional). Finalidade: responder á túa consulta e, se procede, preparar unha proposta. Base xurídica: o teu consentimento e a aplicación de medidas precontractuais a petición túa. Ademais gárdase un código non reversible derivado do teu enderezo IP durante un tempo limitado, para limitar envíos abusivos, por interese lexítimo na seguridade do sitio.
- WhatsApp. Ao premer o botón ábrese WhatsApp cunha mensaxe redactada. Os datos que envíes trátaos WhatsApp segundo a súa propia política. Esta web non os recibe.
- Analítica. Só se a aceptas no banner de cookies, úsase Google Analytics para medir de forma agregada o uso do sitio. Base xurídica: o teu consentimento, que podes retirar en calquera momento.
3. Conservación
Os datos do formulario consérvanse mentres sexan necesarios para atender a túa consulta e, despois, durante os prazos legais aplicables. Podes pedir a súa supresión antes. Os datos de analítica consérvanse segundo a configuración de Google Analytics.
4. Destinatarios
Non se ceden datos a terceiros salvo obriga legal. Acceden a eles, como encargados do tratamento, o provedor de aloxamento e correo do sitio (Dinahosting) e, se aceptas a analítica, Google. Google pode tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo coas garantías que establece a súa normativa.
5. Os teus dereitos
Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, e retirar o teu consentimento, escribindo a hola@brincovigo.com e indicando o dereito que exerces. Se consideras que os teus dereitos non foron atendidos, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).
6. Seguridade
Aplícanse medidas técnicas e organizativas razoables para protexer os datos: conexión cifrada, acceso restrinxido, límite de envíos e copias de seguridade do aloxamento.
7. Cambios
Esta política pode actualizarse. A versión vixente é sempre a publicada nesta páxina.