Creatividade

Axencia creativa en Vigo: branding, vídeo e deseño

Dar forma e voz á estratexia, cunha mirada humana tamén en B2B. Unha persoa á fronte, o equipo creativo que cada proxecto necesita.

01

Axencia creativa en Vigo: branding, vídeo e deseño

A creatividade sen estratexia é decoración. Por iso empezo polo que a túa empresa necesita conseguir e deseño o demais a partir de aí: a identidade, as pezas, o vídeo, o packaging.

Traballo desde Vigo e Londres. Levo máis de vinte anos no oficio, con proxectos para empresas do Reino Unido, Estados Unidos, Suráfrica e Australia, e desde 2017 con brinco. para empresas de cosmética, loxística, ciencia, xoiaría, delicatessen e industria.

02

Servizos

03

Como o abordo

  1. 01

    Escoito

    Entendo que quere dicir a túa empresa e a quen llo quere dicir.

  2. 02

    Diagnostico

    Reviso como te ven hoxe e que di a túa marca en cada punto de contacto.

  3. 03

    Constrúo

    Identidade e pezas que din o mesmo en todas partes, co equipo que faga falta.

  4. 04

    Mido

    Comprobo que o creado funciona onde ten que funcionar.

04

Casos relacionados

05

Preguntas frecuentes

Que inclúe unha identidade de marca?

Depende do proxecto: normalmente o nome e o logotipo se fan falta, a paleta, a tipografía, a voz e os usos nas pezas que a túa empresa utiliza, desde a web ata o packaging ou a sinalización.

Fas vídeo corporativo?

Si, cando a estratexia o pide. Plantéxoo desde o obxectivo (que ten que provocar o vídeo) e coordino o equipo de produción que cada peza necesita.

Podo contratar só o deseño sen consultoría?

Podes, pero antes quero entender o obxectivo. Se xa o tes claro, ese paso é rápido; se non, é xusto onde máis valor achego.

Traballas con empresas de fóra de Vigo?

Si. Traballei con empresas doutros países e desenvolvo proxectos en español, galego e inglés.

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?