Consultoría e creatividade B2BVigo, Galicia · 42.24°N 8.72°W

Creo a estratexia que a túa empresa necesita para acadar o seu obxectivo. Unha persoa á fronte, o equipo que cada proxecto precisa.

Cóntame o teu obxectivo

O que adoito
atopar.

Catro obxectivos, catro puntos de partida

Punto de partidaCoñécente poucos e atópante menos do que mereces.
EstratexiaPosicionamento, canle e mensaxe onde buscan os teus clientes.
Mídese enConsultas cualificadas e oportunidades de negocio.

Punto de partidaCompárante só polo prezo porque nada te distingue.
EstratexiaValores, voz, identidade e pezas que din o mesmo en todas partes.
Mídese enRecoñecemento e calidade de quen te contacta.

Punto de partidaTodo depende de ti, do teu correo e de follas de cálculo soltas.
EstratexiaOrdenar ferramentas e automatizar o que se repite.
Mídese enHoras recuperadas e menos erros.

Punto de partidaO que fas é mellor do que se ve desde fóra.
EstratexiaAudiovisual e contido cunha mirada humana, tamén en B2B.
Mídese enAtención das persoas axeitadas.

Dúas portas.
Un mesmo obxectivo.

Elixe por onde empezar
01

Consultoría

Estratexia para que a túa marca estea onde buscan os teus clientes.

  • Gañar máis clientes
  • Posicionar a túa marca
  • Simplificar procesos
  • Medir e axustar
02

Creatividade

Dar forma e voz á estratexia, cunha mirada humana tamén en B2B.

  • Audiovisual e reel
  • Identidade de marca
  • Packaging e papelaría
  • Presentacións e catálogos

Estratexia primeiro.
Ferramentas despois.

Non vendowebs
Non vendoredes sociais
Non vendoanuncios
Axúdote a conseguir máis clientes

Se a estratexia pide unha web, unha campaña ou un vídeo, fágoo. Pero primeiro decidimos que necesitas para chegar ao teu obxectivo.

Cal é o teu obxectivo?

Cóntamo
brinco.
Un brinco para chegar máis lonxe. Iso facemos coa túa marca: darlle pulo para que aterre onde quere estar.
20+anos de oficio
4mercados: EUA, Reino Unido, Suráfrica e Australia
2cidades base: Londres e Vigo
1persoa á fronte do teu proxecto

O reel.

0:33
Unha mostra do noso traballo en vídeo.

Casos.

Pasa o rato para ver o resumoProxectos reais, co resumo de cada un

O teu reto semella algún destes?

Como traballo.

  1. 01

    Escoito

    Entendo o teu negocio, o teu mercado e a quen queres chegar.

  2. 02

    Diagnostico

    Onde te buscan hoxe os teus clientes e que ven ao atoparte.

  3. 03

    Constrúo

    Marca, web, contido e campañas, co equipo que faga falta.

  4. 04

    Mido

    Datos claros e mellora continua, sen fume.

Cóntame
que necesitas.

Que queres conseguir?