Consultoría de márketing dixital en Galicia
Estratexia para que a túa marca estea onde buscan os teus clientes. Primeiro decidimos que queres conseguir; despois escollemos as ferramentas.
Consultoría de márketing dixital en Galicia
Traballo con empresas B2B de todos os sectores. Non me contratas por unha web, por unhas redes sociais ou por unha campaña: contrátasme para que a túa empresa consiga algo concreto, como máis clientes, unha marca máis clara ou procesos máis sinxelos.
Se a estratexia pide unha web, unha campaña ou un posicionamento en Google, fágoo eu ou coordíno co equipo que o proxecto necesite. Unha persoa á fronte, sempre a mesma, desde o primeiro diagnóstico ata a medición.
Servizos
- Estratexia de márketing dixital para empresas B2BUn plan con obxectivos claros antes de elixir canles, ferramentas ou orzamento.Ver o servizo →
- SEO en Vigo con estratexia detrásPosicionamento web para que os teus clientes te atopen cando buscan o que ofreces.Ver o servizo →
- Deseño web en Vigo con estratexia detrásWebs á medida para empresas que queren conseguir algo con elas, non só estar en internet.Ver o servizo →
- Publicidade en liña en Vigo: Google Ads con estratexiaAnuncios pensados para conseguir consultas cualificadas, non só clics.Ver o servizo →
- Xestión de redes sociais en Vigo para empresas B2BEstratexia e contido para que a túa empresa se vexa e se oia onde está o teu público.Ver o servizo →
- Automatización de procesos para pemesOrdenar ferramentas e automatizar o que se repite para recuperar horas e evitar erros.Ver o servizo →
Como o abordo
- 01
Escoito
Entendo o teu negocio, o teu mercado e a quen queres chegar, antes de falar de canles.
- 02
Diagnostico
Miro onde te buscan hoxe os teus clientes e que ven cando te atopan.
- 03
Constrúo
Poño en marcha o que o diagnóstico pide, co equipo que faga falta.
- 04
Mido
Datos claros e mellora continua, sen fume.
Preguntas frecuentes
Que é unha consultoría de márketing?
É traballar a estratexia antes ca as pezas: que queres conseguir, a quen te diriges, onde te buscan e que ten que pasar para que te elixan. Despois decídese que ferramentas fan falta.
Traballas só ou con equipo?
Son unha persoa á fronte de cada proxecto. Cando o traballo o require (desenvolvemento, vídeo, fotografía), coordino o equipo que ese proxecto necesita, pero ti falas sempre comigo.
Con que tipo de empresas traballas?
Con empresas B2B de sectores distintos: loxística portuaria, cosmética, ciencia, xoiaría, delicatessen ou industria. Organízome por problema, non por sector.
Canto custa unha consultoría?
Depende do obxectivo e do alcance. Despois dunha primeira conversa propóñoche un plan con alcance e prezo por escrito.
Cóntame que necesitas.
Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.