Moitas webs reciben visitas e ningunha consulta. Antes de pensar en refacela, convén comprobar catro cousas que case sempre explican o problema e que se poden corrixir sen empezar de cero.
1. Enténdese en cinco segundos que fas?
Abre a túa portada como se foses un cliente novo e mira só o que se ve sen desprazarte. Se non queda claro que ofreces, a quen e onde, o visitante vaise. O titular debe dicilo coas palabras de quen te busca, non coas túas.
2. Hai unha forma evidente de contactar?
Un botón claro, un teléfono ou un formulario curto, visibles en cada páxina e non agochados no pé. Cada paso extra que lle pides a alguén para escribirte é unha consulta que non chega.
3. Hai motivos para confiar?
En B2B cómprase con cautela. Casos reais, nomes de clientes con permiso, datos de contacto completos e unha cara detrás da empresa reducen a dúbida. O que non está respaldado por algo verificable soa a promesa.
4. Carga rápido e vese ben no móbil?
Unha parte de quen te visita faino desde o móbil. Se a web tarda en cargar ou hai que ampliar o texto para lelo, perdense visitas antes de que lean nada.
Por onde seguir
Se fallan unha ou dúas destas catro, probablemente non precisas unha web nova, senón ordenar a que tes. Se fallan as catro, entón si merece a pena replantexala. Podes ler como traballo o deseño web ou contarme o teu caso e revisámolo xuntos.