Consultoría

Deseño web en Vigo con estratexia detrás

Non che fago unha web por facela. Primeiro decidimos que ten que conseguir: máis clientes, mellor posicionamento ou procesos máis sinxelos. Despois deséñoa e constrúoa para iso.

01

Cando o necesitas

A túa web actual non reflicte o que é hoxe a túa empresa, ou non a tocaches en anos e dá vergonza ensinala. Ou existe, pero non xera consultas: a xente entra, non entende que fas e vaise.

Tamén fai falta unha web nova cando vas cambiar de marca, de servizos ou de mercado, cando necesitas vender ou dar información en varios idiomas, ou cando a web depende de alguén que xa non está e ninguén sabe tocala.

E se tes unha web que funciona pero non se atopa, ás veces non hai que refacela: hai que ordenala. O primeiro é mirar que tes.

Nin sempre fai falta unha web nova nin grande. Se a túa actividade cabe en poucas páxinas ben feitas, é mellor iso que vinte páxinas baleiras. Unha web medra cando hai algo que contar, e mantense cando alguén se ocupa dela.

02

Como o abordo

  1. 01

    Obxectivo e estrutura

    Defino con que obxectivos se mide a web e que páxinas necesita para cumprilos. Decídese en papel antes de deseñar nada.

  2. 02

    Deseño á medida

    Plantexo a web desde cero, sen partir dunha plantilla, para que a identidade da túa marca se respecte en cada elemento.

  3. 03

    Desenvolvemento e revisión

    Constrúoa con módulos SEO editables e dou acceso a un contorno de probas para que revises e comentes antes de publicar.

  4. 04

    Saída e evolución

    Cando ti decides, a web pasa a produción. Queda preparada para medrar sen ter que refacela.

  5. 05

    Lanzamento e mellora

    Antes de publicar reviso velocidade, accesibilidade, ligazóns e datos estruturados. Despois de saír, miramos como se usa e que hai que axustar.

03

Que recibes

  • Estrutura de páxinas pensada para o teu obxectivo e para o teu público
  • Deseño á medida que respecta a túa identidade de marca
  • Web rápida, accesible e adaptada a móbil
  • Páxinas editables por ti: títulos, descricións e URLs limpas para buscadores
  • Versións nos idiomas que necesites, correctamente sinalizadas
  • Formularios, analítica con consentimento e cumprimento de privacidade
  • Aloxamento e mantemento, se os queres incluídos
  • Redireccións das URL antigas se xa tiñas web, para non perder o posicionamento gañado
04

Contexto local: Vigo e Galicia

En Galicia, moitas empresas necesitan unha web que fale máis dun idioma: español para o cliente nacional, galego cando importa a proximidade, inglés ou portugués para exportar ou para o norte de Portugal. Unha web multilingüe non é duplicar textos: cada idioma ten a súa estrutura, o seu contido e a súa sinalización para que Google mostre a versión correcta.

En sectores como a industria, a loxística ou o mar, a web adoita ter que explicar servizos técnicos a quen decide a compra. Iso esixe claridade, fichas ben organizadas e casos reais, máis ca animacións. Traballei con empresas destes sectores e sei que preguntas fai un responsable de compras antes de chamarte.

Cando o negocio é de produto, como nunha adega, a web pode incluír tenda en liña. En proxectos como o de Bodegas Loeda e a súa marca Catro Parroquias, a web combinou un deseño limpo que realza o produto con comercio electrónico para vender desde calquera lugar.

Por último, a web debe cumprir a normativa de privacidade e cookies: banner coas mesmas opcións para aceptar e rexeitar, e a analítica cargada só co teu consentimento.

Se o teu público está en Galicia e fóra, a web ten que funcionar ben en galego e en español, e en inglés ou portugués cando haxa clientes noutros mercados. As versións enlázanse correctamente entre si para que Google mostre cada idioma a quen corresponde.

06

Preguntas frecuentes

Fas a web con plantillas?

Non. Parto da túa marca e do teu obxectivo, e constrúo a web á medida. Interésame que se note que detrás hai criterio, non que se pareza a outras mil webs.

Poderei editar eu a web?

Si. As páxinas son editables e os textos de título e descrición para buscadores cámbianse desde o propio panel. Se necesitas algo máis complexo, falámolo e construímolo.

Inclúe posicionamento SEO?

A web sae preparada para posicionar: estrutura, URLs limpas, rapidez e datos estruturados. O traballo continuo de contidos e posicionamento é un servizo á parte, o de SEO.

E o aloxamento?

Podes contratalo comigo ou elixir o servidor que prefiras. Recomendoche segundo o que necesite o teu proxecto e explícoche as diferenzas.

Canto tarda e canto custa?

Depende da estrutura e do tamaño. Despois de entender que necesitas pásoche por escrito o alcance, o prazo e o prezo.

Que pasa coa miña web actual e o seu posicionamento?

Antes de cambiar nada reviso que páxinas che traen visitas e consultas. As que funcionan consérvanse ou rediríxense de forma correcta, para non perder o gañado.

Que preciso achegar?

Textos, imaxes e logotipos que xa teñas, e unha conversa sobre que queres que faga a web. Se non tes contidos, axúdote a decidir que fai falta e como preparalo.

Funcionará ben no móbil?

Si. Deséñase pensando primeiro no móbil e próbase en distintos tamaños de pantalla. Unha web lenta ou incómoda no móbil perde visitas.

Quen mantén a web despois?

Podes encargarte ti, o equipo que elixas ou eu, cun mantemento acordado. O importante é que haxa alguén responsable das actualizacións e das copias de seguridade.

07

Servizos relacionados

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?