Branding con orzamento axustado: por onde empezar

Que facer primeiro e que pode esperar cando non podes investir nunha identidade completa.

Non todas as empresas poden empezar cun proxecto de identidade completo, e non pasa nada. O importante é empezar polo que máis rende e deixar o resto para cando faga falta.

O que máis rende primeiro

  • Unha decisión clara sobre que te diferencia e a quen te diriges.
  • Un nome e un logotipo ben resoltos, que funcionen en pequeno e nunha pantalla.
  • Unha paleta de cor e unha tipografía que uses sempre igual.
  • Unha mensaxe curta que calquera do teu equipo saiba repetir.

O que pode esperar

Aplicacións menos frecuentes como rotulación, papelaría avanzada ou vestiario pódense resolver despois, sobre unha base sólida. O que non convén é improvisar a base: refacela máis tarde sae máis caro ca facela ben ao principio.

Unha orde razoable

Primeiro estratexia, despois identidade, despois as pezas que máis usas. Así cada euro que investes apóiase no anterior. Podes ver como traballo o branding ou contarme con que orzamento contas e plantexamos fases.

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?