Creatividade

Branding en Vigo: identidade de marca con estratexia

Non che deseño un logo por deseñalo. Primeiro entendemos que queres que pense o teu cliente de ti. Despois creo unha identidade que o diga igual en todas partes.

01

Cando o necesitas

Compárante só polo prezo porque nada te distingue. Ou a túa marca quedou antiga, non reflicte a calidade do que fas ou cada peza que sae da túa empresa parece dunha empresa distinta.

Tamén é o momento de traballar a marca cando nace un negocio, cando se renova unha xeración, cando cambias de actividade ou cando vas entrar nun mercado onde ninguén te coñece.

E non sempre hai que empezar de cero. Cunha empresa que leva moitos anos co mesmo logotipo, cambialo de golpe pode ser contraproducente. Ás veces o mellor é arranxar o que hai: retocar tipografía e cor e atopar o detalle que o converte nun símbolo propio.

E ás veces unha marca non necesita refacerse, senón ordenarse: unificar como se usa, corrixir o que non funciona e documentalo. Antes de propoñerche un cambio completo avalío se a que tes xa ten base suficiente.

02

Como o abordo

  1. 01

    Investigación

    Entendo o mercado, as necesidades e os desexos dos teus clientes e os puntos fortes e febles da túa competencia. Nada se dá por feito.

  2. 02

    Valores, voz e mensaxe

    Definimos xuntos os valores de marca, que son o seu ADN, o ton de voz e, se fai falta, o lema que seduza e venda.

  3. 03

    Identidade visual

    Desenvolvo a paleta de cor, a tipografía, o estilo fotográfico e iconográfico e, por último, o logotipo, que recolle todas as conclusións.

  4. 04

    Aplicación

    Levo a identidade ás pezas reais: papelaría, web, packaging, sinalización, vehículos, redes. E entrego un manual para que se use ben.

  5. 05

    Implantación

    Unha marca non remata co logotipo: acompaño a posta en marcha para que a identidade se aplique igual na web, no material impreso e no que faga o teu equipo.

03

Que recibes

  • Análise de mercado e competencia
  • Valores de marca, ton de voz e mensaxe
  • Logotipo e sistema de identidade: cor, tipografía, fotografía e iconografía
  • Aplicacións: papelaría, web, packaging, sinalización ou o que a túa empresa utilice
  • Manual de uso da marca
  • Arquivos finais nos formatos que necesites
  • Orientacións para que o teu equipo aplique a marca sen depender de min cada vez
04

Contexto local: Vigo e Galicia

En Vigo e Galicia hai moitas empresas cunha historia longa e unha marca que non creceu con elas. Herdanse logotipos, acumúlanse versións e o resultado é unha imaxe que non conta a calidade real. Un bo proxecto de marca ordena iso sen romper o vínculo coa clientela de sempre. Fíxeno cunha xoiaría que levaba máis de trinta anos co mesmo logotipo: un punto vermello chegou para refrescala.

Hai sectores onde a identidade ten que facer moito traballo en pouco tempo. Unha tenda gourmet compite cunha oferta saturada. Un centro de investigación debe falar á vez coa comunidade científica e con estudantes. Unha empresa de loxística portuaria ten que dicir frescura e rapidez nun contorno industrial. Cada un esixe unha solución distinta, e diso trata o branding.

A lingua forma parte da identidade. Decidimos como soa a túa marca en español e en galego, e como se escribe e se pronuncia nos mercados onde queiras estar. E se o nome non funciona, tamén se pode evolucionar, como pasou cunha imprenta que pasou de Foro Gráfico a Foro.

Deseñei marcas para clientes do Reino Unido e dos Estados Unidos e para empresas galegas, e sei que unha marca ten que aguantar nun cartel, nunha caixa e nunha pantalla pequena.

Unha marca dunha empresa galega con clientes fóra de Galicia ten que lerse ben en máis dun idioma e en máis dun mercado. O nome, a mensaxe e as cores próbanse pensando nesa convivencia desde o principio, para que non haxa que refacelos cando a empresa medre.

05

Casos relacionados

06

Preguntas frecuentes

Que diferenza hai entre un logo e unha marca?

O logotipo é unha peza. A marca é o que o teu cliente pensa e sente sobre ti: valores, ton, aspecto e comportamento. Deseño a identidade completa para que o logo sexa a última peza, non a primeira.

Canto tarda un proxecto de branding?

Depende do alcance: non é o mesmo refrescar unha identidade que crear unha nova con todas as súas aplicacións. Tras a primeira conversa dou un plan con fases e prazos por escrito.

Podo conservar o meu logotipo actual?

Si, e ás veces é a mellor opción. Avaliamos que se mantén e que se mellora, sobre todo se ten valor sentimental ou recoñecemento.

Que recibo ao terminar?

Os arquivos finais, o sistema de identidade e un manual de uso. Tamén as aplicacións que acordemos, como papelaría, web ou packaging.

Traballas con empresas doutros sectores ou países?

Si. Traballei con marcas de cosmética, xoiaría, imprenta, gastronomía, investigación e loxística, e para clientes de varios países. Cambia o sector, non o método.

Que preciso achegar?

Unha conversa sobre que fai a túa empresa, a quen se dirixe e que quere transmitir, e todo o que teñas xa: logotipos antigos, materiais, referencias que che gusten. Non fai falta que o traias ordenado.

Como se decide o deseño?

A partir da investigación e dos obxectivos, non do gusto persoal. Preséntoche as ideas coa súa razón de ser e valorámolas xuntos, cun número de revisións acordado de antemán.

Rexistro o nome ou o logotipo?

É recomendable comprobar que o nome non estea en uso no teu sector e plantexarse rexistralo, pero iso xestiónao un axente da propiedade industrial. Podo orientarte sobre que comprobar antes e con quen falar.

07

Servizos relacionados

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?