Cando automatizar un proceso e cando non merece a pena

Preguntas pouco glamurosas que convén facerse antes de automatizar unha tarefa.

Automatizar está de moda e, como todo o que está de moda, faise ás veces onde non toca. Antes de automatizar un proceso convén facerse unhas preguntas moi pouco glamurosas.

Cando si

  • A tarefa repítese moitas veces e sempre da mesma maneira.
  • Segue regras claras: se pasa A, faise B.
  • Un erro custa caro ou fai perder tempo a varias persoas.
  • Quen a fai hoxe preferiría dedicar ese tempo a outra cousa.

Cando non

Se o proceso cambia cada vez, se depende do criterio dunha persoa ou se hoxe non está claro como se fai, automatizalo só acelera a desorde. Primeiro ordénase e despois, se compensa, automatízase.

Empezar polo pequeno

Elixe unha tarefa concreta, mide canto tempo consome e automatiza só iso. Comproba que funciona e que o teu equipo a usa. A partir de aí decides se segues. Podes ver como plantexo estes proxectos en automatización de procesos ou contarme que che quita tempo.

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?