A páxina dun servizo é onde un cliente decide se te chama ou segue buscando. Case todas as que vexo contan o que a empresa quere dicir e case ningunha responde o que o cliente quere saber.
Unha estrutura que funciona
- Un titular que diga que fas e para quen, coas palabras de quen busca.
- Cando precisas este servizo: recoñecerse nunha situación.
- Como traballas, paso a paso, e que recibe o cliente.
- Casos ou probas reais de que o fixeches antes.
- Preguntas frecuentes con respostas honestas, incluído o que non inclúe.
- Unha forma de contactar visible, sen ter que buscala.
O que sobra
Frases que valerían para calquera empresa do sector, adxectivos sen proba e listas de tecnoloxías que ao cliente non lle din nada. Se unha frase pode aparecer na web da túa competencia sen cambiar unha coma, non conta nada.
Unha proba rápida
Le a túa páxina como se foses o cliente e pregúntate se saberías que vén despois e canto traballo é. Se non, aí está o oco. Se queres ver como plantexo estas páxinas, mira o deseño web ou cóntame que servizo queres contar mellor.