Presentacións comerciais: menos diapositivas e máis decisión

Como estruturar unha presentación comercial para que quen a ve poida decidir.

Unha presentación comercial non serve para ensinar todo o que sabes. Serve para que a persoa que tes diante tome unha decisión. Case todas as que fracasan fano por exceso, non por falta.

Menos diapositivas, unha idea cada unha

Cada diapositiva debería poder resumirse nunha frase. Se precisas dúas, son dúas diapositivas. Un titular que afirme algo (por exemplo, o problema do cliente) funciona mellor ca un rótulo neutro como “Os nosos servizos”.

A orde importa

  • Empeza polo cliente e a súa situación, non pola historia da túa empresa.
  • Explica que propós e por que encaixa co que necesita.
  • Amosa probas reais: casos, imaxes de traballos, procesos.
  • Pecha co seguinte paso concreto, non cun “grazas”.

O que lle toca ao deseño

Menos texto, máis espazo, imaxes con propósito e unha tipografía lexible desde o fondo da sala. Un bo deseño non decora: ordena a mirada. Se queres ver como traballo estas pezas, mira presentacións e catálogos ou cóntame para quen é a túa.

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?