Creatividade

Deseño de presentacións corporativas e catálogos

Non maqueto páxinas por maquetalas. Primeiro decidimos que ten que entender quen o lea e que queremos que faga despois. Despois deseño un documento á altura da túa empresa.

01

Cando o necesitas

Tes unha presentación ou un catálogo que leva anos circulando e xa non se parece á túa empresa. Ou cada comercial usa unha versión distinta, con datos distintos, e o resultado é pouco profesional.

Tamén é o que necesitas se vas a unha feira, se vas presentar a túa empresa a un cliente grande, a unha institución ou a un investidor, ou se tes que explicar un servizo complexo e un documento claro axuda máis ca mil palabras nunha reunión.

É, ademais, unha oportunidade de marca. Un catálogo ou un libro institucional pode ser a mellor presentación da túa identidade, como cando un instituto de investigación proxectou a súa nova marca a través dun libro.

Non sempre fai falta un catálogo grande nin unha presentación de cincuenta diapositivas. Un documento curto, ben estruturado e fácil de actualizar adoita servir mellor ca un extenso que se queda anticuado aos poucos meses.

02

Como o abordo

  1. 01

    Obxectivo e público

    Decidimos para quen é o documento, que ten que entender e que queremos que faga despois de lelo.

  2. 02

    Contido e estrutura

    Ordeno a información, e se fai falta investigo e redacto. Un bo documento empeza por un bo índice.

  3. 03

    Deseño e maquetación

    Deseño coa túa identidade de marca e maqueto con criterio editorial: xerarquía, ritmo, imaxes e tipografía.

  4. 04

    Produción e versións

    Entrego arquivos para imprenta e versións dixitais, e adapto o documento a outros idiomas se fai falta.

  5. 05

    Actualización

    Deixo o documento preparado para que poidas actualizar prezos, referencias ou textos sen romper o deseño, ou para que o faga eu cando o precises.

03

Que recibes

  • Estrutura do documento pensada para o seu lector
  • Deseño editorial coa túa identidade de marca
  • Maquetación profesional de presentación, catálogo ou publicación
  • Tratamento de imaxes e infografías
  • Arquivos para imprenta e para uso dixital
  • Plantillas editables se queres manter o documento ti
  • Guía breve para actualizar o documento sen perder coherencia
04

Contexto local: Vigo e Galicia

En Vigo e Galicia, moitas empresas exportan ou participan en feiras, e necesitan catálogos e presentacións que se entendan en varios idiomas e se vexan á altura do produto. Preparo os documentos pensando desde o principio nas versións que vas necesitar, para que cambiar de idioma non signifique refacelo todo.

A experiencia editorial vén de lonxe. Fun responsable dun equipo de cinco persoas que deseñaba catálogos para un gran touroperador internacional, ademais doutros proxectos editoriais como unha guía oficial de colexios do Reino Unido. En Galicia, deseñei publicacións tan distintas como o libro institucional dun centro de investigación mariña, un catálogo divulgativo para un proxecto científico europeo ou un libro editorial de 164 páxinas coa historia do Porto de Vigo.

Tamén traballo para negocios pequenos. Para unha tenda de tés deseñei o seu catálogo, aproveitando para establecer o ton, a tipografía e un estilo fotográfico que dese personalidade á marca. Un catálogo pode ser a forma máis económica de facer branding.

Os documentos para imprenta esixen coidado: acabados, papeis, microperforados ou troquelados cando a peza o pide. Coordínome coa imprenta que elixas para que o impreso sexa fiel ao deseñado.

Moitas empresas galegas presentan os seus produtos en varios idiomas e en feiras fóra de Galicia. Un catálogo ben plantexado permite engadir un idioma ou actualizar unha referencia sen refacer a maquetación, e mantén a mesma imaxe no papel, no PDF e na pantalla.

05

Casos relacionados

06

Preguntas frecuentes

Fas o contido ou só o deseño?

Podo facer as dúas cousas. Se necesitas investigación e redacción, inclúoa no proxecto, como fixen en publicacións institucionais. Se xa tes os textos, cántome na estrutura e o deseño.

Traballas en PowerPoint ou noutras ferramentas?

Traballo coa ferramenta que mellor sirva ao teu uso. Se o teu equipo vai editar a presentación, entrégoa nun formato que poidan manexar, con plantillas editables.

Podes adaptar o catálogo a varios idiomas?

Si. Plantexoo desde o principio para que cambiar de idioma non implique redeseñar. Traballo en español, galego e inglés.

Encárgaste da impresión?

Coordino coa imprenta que elixas e reviso as probas. Se aínda non tes imprenta, oriéntote segundo a peza e o orzamento.

Canto tarda un catálogo?

Depende do número de páxinas, do contido dispoñible e do número de revisións. Tras a primeira conversa pásoche por escrito o alcance e o prazo.

Podo actualizar o catálogo eu mesmo?

Se o plantexamos así desde o principio, si. Preparo plantillas e unha guía breve para que cambiar un dato ou engadir un produto non obrigue a refacer a maquetación.

Que formatos recibo?

Os que precises: PDF para imprenta, PDF lixeiro para enviar por correo e para a web, e arquivos editables se o teu equipo os vai modificar.

Deseñas tamén presentacións para feiras ou reunións?

Si. Unha presentación para unha reunión comercial non é igual ca un catálogo: ten outro ritmo e outro nivel de detalle. Plantéxoas segundo onde e ante quen se van usar.

07

Servizos relacionados

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?