SEO local para empresas que venden a outras empresas da súa zona

Que pezas forman o posicionamento local e por que non serve duplicar páxinas por cidade.

Se vendes a outras empresas da túa zona, non precisas aparecer o primeiro do mundo. Precisas aparecer cando alguén da túa zona busca o que fas. Iso chámase posicionamento local e é máis accesible do que parece.

Que pezas o forman

  • Páxinas de servizo claras, coa zona na que traballas escrita de forma natural.
  • Unha ficha de empresa en Google coidada e coherente coa túa web.
  • Datos de contacto iguais en todos os sitios onde aparezas.
  • Opinións e mencións reais de clientes do teu contorno.

O que non funciona

Crear decenas de páxinas case iguais cambiando só o nome da cidade. A Google non lle enganas e ao cliente non lle serve. É mellor unha páxina ben traballada que vinte de recheo.

Por onde empezar

Comproba como apareces hoxe cando buscas o teu servizo co nome da túa cidade e revisa a túa ficha. Se queres que o fagamos xuntos, podes ver como traballo o posicionamento SEO en Vigo ou contarme o teu obxectivo.

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?