SEO en Vigo con estratexia detrás
Non che fago SEO por facelo. Primeiro decidimos que ten que conseguir: máis consultas cualificadas, máis presenza na túa zona ou clientes doutros mercados. Despois traballo para que Google lle mostre a túa empresa a quen te busca.
Cando o necesitas
Buscas a túa propia actividade en Google e non apareces, ou aparecen antes os teus competidores. Ou tes unha web ben feita pero á que case ninguén chega, e as consultas que recibes veñen sempre por recomendación.
En B2B é moi habitual: quen ten que contratar un provedor empeza buscando en Google, compara tres ou catro nomes e só chama aos que atopa. Se non estás nesa lista curta, non sabes que perdeches a oportunidade.
Tamén o necesitas se vas abrir un mercado novo, se vas lanzar un servizo que hoxe ninguén asocia contigo ou se acabas de refacer a web e queres evitar perder o que xa tiñas.
Como o abordo
- 01
Obxectivo e procura real
Parto do que a túa empresa necesita conseguir e de como buscan os teus clientes: que palabras usan, que queren resolver e en que momento da decisión están.
- 02
Diagnóstico
Reviso a túa web, o teu contido, a túa ficha de Google e o que fai a competencia para saber que che frea e que oportunidades tes.
- 03
Plan e execución
Priorizo o que máis move a agulla: estrutura de páxinas, contido, aspectos técnicos e sinais locais. Aplícoo eu ou coordíno con quen mantén a túa web.
- 04
Medición e axuste
Sigo o que importa (consultas, páxinas que atraen procuras, evolución en Search Console) e corrixo o rumbo con datos.
Que recibes
- Mapa de palabras clave con intención de procura, validado con ferramentas de keywords
- Auditoría técnica e de contido, con prioridades claras
- Plan de páxinas e contidos: que crear, que mellorar e que unir
- Optimización das páxinas clave: títulos, descricións, cabeceiras e datos estruturados
- Ficha de Google Business Profile como negocio de área de servizo, se encaixa contigo
- Configuración de Search Console e analítica con consentimento
- Informes sinxelos de seguimento e reunións para decidir os seguintes pasos
Contexto local: Vigo e Galicia
Vigo non se parece a outras cidades en como se compra. Aquí conviven o porto e a loxística, a conserva e a industria alimentaria, a automoción e a súa industria auxiliar, o naval e un turismo que vai medrando. Cada sector busca dun xeito: o responsable de compras dunha empresa loxística busca por servizo e por capacidade; unha empresa de conservas que exporta busca por mercado e por certificacións; unha peme de servizos busca por problema. O mapa de palabras clave constrúoo con esa realidade, non cunha lista xenérica.
Galicia é bilingüe e iso nótase nas procuras. Hai quen busca en español, quen o fai en galego e quen, desde Portugal ou desde fóra, busca en inglés ou en portugués. Decido contigo que idiomas merecen páxina propia e publícoos ben sinalizados para que Google lle mostre cada versión a quen corresponde.
O SEO local en B2B non é só saír no mapa. Unha ficha de Google ben traballada axuda, pero a maioría das decisións B2B tómanse co contido da túa web: páxinas de servizo claras, casos reais e respostas ás dúbidas de quen compra. Por iso traballo ficha e web á vez.
Se prestas servizo en varias cidades galegas (Pontevedra, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo), cóbroo con contido útil e coa zona de servizo ben declarada, sen duplicar páxinas cambiando só o nome da cidade. Esas páxinas só teñen sentido cando hai algo distinto que contar de cada zona.
Preguntas frecuentes
Canto tarda o SEO en dar resultados?
Depende de como pare a túa web, da competencia no teu sector e do que se poida mellorar. O normal é empezar a ver movemento en meses, non en días, e consolidar resultados con traballo continuo. Direiche con honestidade que é razoable esperar no teu caso.
Podes garantirme o primeiro posto en Google?
Non, e desconfía de quen o faga: ninguén controla Google. O que si podo garantir é un método claro, un traballo ben feito e medición transparente do que ocorre.
Que diferenza hai entre SEO e SEO local?
O SEO traballa que te atopen polo que ofreces. O SEO local engade a dimensión xeográfica: aparecer cando alguén busca ese servizo en Vigo ou en Galicia, no mapa e nos resultados. En B2B adoitan traballarse xuntos.
Necesito unha web nova para facer SEO?
Non sempre. Primeiro reviso a que tes. Ás veces abonda con ordenar a estrutura e mellorar o contido; outras veces convén refacer algo. Decidímolo con datos, non por defecto.
Traballas o SEO en galego?
Si. Se o teu público busca en galego, ou queres cubrir os dous idiomas, plantexo as versións por separado, co seu propio contido, para que cada unha se posicione onde toca.
Que mides para saber se funciona?
O que importa ao teu negocio: consultas recibidas, as páxinas que atraen procuras relevantes e como evoluciona a túa visibilidade en Search Console. Non me quedo no tráfico polo tráfico.
Servizos relacionados
- Consultoría de márketing dixital en GaliciaEstratexia para que a túa marca estea onde buscan os teus clientes.Ver o servizo →
- Estratexia de márketing dixital para empresas B2BUn plan con obxectivos claros antes de elixir canles, ferramentas ou orzamento.Ver o servizo →
- Deseño web en Vigo con estratexia detrásWebs á medida para empresas que queren conseguir algo con elas, non só estar en internet.Ver o servizo →
- Publicidade en liña en Vigo: Google Ads con estratexiaAnuncios pensados para conseguir consultas cualificadas, non só clics.Ver o servizo →
Para afondar
Como posicionar unha empresa B2B en Google desde cero →
Cóntame que necesitas.
Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.