Cando unha empresa me di “preciso un vídeo”, case sempre hai detrás unha de tres necesidades distintas. Saber cal é a túa evita pagar unha produción que non resolve o que querías.
1. O vídeo que presenta a empresa
Unha peza que explica quen es, como traballas e por que confiar en ti. Vai na portada ou na páxina de servizos e traballa para quen aínda non te coñece. Ten que ensinar persoas e lugares reais, non só imaxes xenéricas.
2. O vídeo que explica un produto ou un proceso
Amosa como funciona algo que custa describir con palabras: unha liña de produción, un servizo técnico, unha instalación. É moi útil en vendas B2B, onde o cliente quere ver antes de decidir.
3. As pezas curtas para redes
Fragmentos pensados para formatos breves, que reutilizan material das outras dúas e manteñen viva a comunicación. Mellor poucas e ben feitas ca moitas improvisadas.
Como elixir
Pregúntate onde se vai ver, quen o vai ver e que queres que faga despois. A resposta decide a duración, o ton e o orzamento. Podes ver como plantexo estas pezas en vídeo corporativo ou contarme que precisas.