Vídeo corporativo en Vigo con mirada humana
Non gravo vídeos por gravalos. Primeiro decidimos que ten que provocar o vídeo: que te entendan, que te lembren ou que te contacten. Despois escríboo, rodámolo e edítoo para iso.
Cando o necesitas
O que fas é mellor do que se ve desde fóra. Tes unhas instalacións, un proceso ou un equipo que impresionan a quen os visita, pero a túa web e os teus perfís non o ensinan.
Tamén necesitas vídeo cando vas a unha feira ou a unha presentación, cando queres lanzar un servizo, cando o teu sector é técnico e custa explicalo con texto, ou cando a túa comunicación se ve fría e queres achegala ás persoas.
En B2B subestímase. Pero quen decide unha compra é unha persoa, e verte falar, ver como traballas e entender quen hai detrás dá unha confianza que unha ficha de produto non dá.
Un vídeo non ten por que ser grande para ser útil. Unha peza breve que explique ben que fas e como traballas pode facer máis polas túas consultas ca unha produción longa que ninguén remata de ver. Decidímolo segundo onde se vai usar.
Como o abordo
- 01
Obxectivo e guión
Decidimos que ten que conseguir o vídeo e a quen se dirixe. Escribo o guión e plantexo a rodaxe para iso.
- 02
Preprodución
Organizo localizacións, permisos, persoas e equipo técnico. Cando fai falta, coordino operador de cámara, piloto de dron e son.
- 03
Rodaxe
Gravamos con respecto pola túa actividade: sen parar a planta nin invadir o traballo de ninguén. Cando é necesario, tamén con dron.
- 04
Posprodución e versións
Edito, coloreo, mestura o son e preparo as versións que necesites: longo para a web, cortes para redes, subtítulos.
- 05
Entrega e difusión
Preparo os arquivos nos formatos que precises para web, redes, presentacións e pantallas, e oriéntote sobre onde publicar cada versión.
Que recibes
- Guión e planteamento da rodaxe
- Rodaxe co equipo técnico que cada peza necesite
- Imaxes con dron cando achegan, cumprindo a normativa
- Edición, cor e son
- Versións adaptadas á web, ás redes e a presentacións
- Subtítulos e versións noutros idiomas se o proxecto o require
- Orientación sobre onde e como publicar cada versión para que se vexa e se atope
Vídeo
Reel
Vídeo corporativo e industrial
Divulgación científica
Eventos
Contexto local: Vigo e Galicia
Vigo e o seu contorno ofrecen escenarios moi potentes: o porto, a ría, as lonxas, as naves industriais, os laboratorios. Un vídeo que ensina eses lugares con respecto e con bo ollo vale moito máis ca un texto sobre eles. Pero tamén son contornos esixentes, co seu ritmo propio, as súas normas de seguridade e a súa actividade diaria, e gravanse con coidado.
Gravei en lonxas de peixe, laboratorios, instalacións industriais e con dron para proxectos de divulgación científica e para empresas do sector industrial, axudándoas a proxectar unha imaxe máis humana, próxima e emocional sen perder o rigor técnico da súa actividade.
Para empresas cun produto, como unha adega, o audiovisual combina ben co márketing dixital: un spot curto para a televisión local e as redes, e vídeos corporativos máis longos para presentacións e eventos.
Se o teu público é internacional, preparo versións con subtítulos e adaptacións por idioma. O vídeo queda en español, en galego ou en inglés segundo a quen se dirixa.
Galicia ofrece paisaxe, industria, mar e espazos moi distintos onde rodar, e coñecer o terreo aforra tempo e custo. Traballar desde Vigo facilita as visitas previas á localización, a coordinación do equipo local e as versións en galego, español e outros idiomas.
Preguntas frecuentes
Que tipos de vídeo fas?
Vídeo corporativo, de produto e de proceso, pezas para redes, divulgación científica, vídeo promocional e gravación de eventos. Céntrome no que serve á túa estratexia.
Gravas con dron?
Si, cando achega valor ao plano. Fágoo cumprindo a normativa de uso de drons e con piloto cualificado, e só nos lugares onde é posible.
Traballas só?
Plantexo, dirixo e coordino o proxecto, e reúno o equipo que cada peza necesita: operadores de cámara, pilotos de dron, son. Ti fálasme sempre a min.
Canto dura un vídeo corporativo?
O que necesite o obxectivo. Un vídeo longo de presentación e varios cortes para redes adoitan ser máis útiles ca unha soa peza. Decidímolo no guión.
E o prezo?
Depende da duración, do equipo e das localizacións. Tras entender que necesitas pásoche por escrito o alcance, o prazo e o orzamento.
Necesito ter o guión escrito?
Non. Traballámolo xuntos a partir do que queres comunicar. Se xa tes ideas ou textos, aprovéitoos; se non, parto dunha conversa e presentoche un plantexamento por escrito antes de rodar.
Como se organiza a rodaxe?
Préparase antes cun plan: onde, cando, quen aparece e que hai que gravar. Así aproveitase ben o día e evítanse sorpresas. Se fai falta, visito antes o lugar.
Podo ver o resultado antes da versión final?
Si. Hai unha versión de revisión antes de pechar, cun número de axustes acordado de antemán.
Pódese facer en galego ou con subtítulos?
Si. Planifícase desde o guión para que a versión noutro idioma non obrigue a refacer a edición.
Servizos relacionados
- Axencia creativa en Vigo: branding, vídeo e deseñoDar forma e voz á estratexia, cunha mirada humana tamén en B2B.Ver o servizo →
- Xestión de redes sociais en Vigo para empresas B2BEstratexia e contido para que a túa empresa se vexa e se oia onde está o teu público.Ver o servizo →
- Branding en Vigo: identidade de marca con estratexiaValores, voz, identidade e pezas que din o mesmo en todas partes.Ver o servizo →
- Deseño web en Vigo con estratexia detrásWebs á medida para empresas que queren conseguir algo con elas, non só estar en internet.Ver o servizo →
Para afondar
Que é unha estratexia de marca e cando a necesita a túa empresa →
Cóntame que necesitas.
Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.