Magnetix by Profusion Cosmetics
- Cliente
- Profusion Cosmetics
- Sector
- Cosmética

O reto
Magnetix é unha das marcas baixo o paraugas de Profusion, unha das grandes cosméticas para o público novo en Estados Unidos e Reino Unido. Buscaban unha identidade que transmitise unha das características das súas brochas: a base magnética, un elemento que achega o usuario ao mundo profesional da maquillaxe.
O packaging era a parte máis relevante e tiña que ser especialmente sedutor no lineal.
Que fixen
Parti do propio nome de marca para crear un concepto de identidade e packaging que reflectise ese magnetismo. O po da maquillaxe tamén está presente no concepto: é atraído polo nome. O lema, Magnetic attraction, dálle aínda máis significado ao nome e é unha frase memorable e doada de entender.
Deseñei ademais o packaging, un set de 8 packs. Todo o traballo fíxose desde Vigo para un cliente con sede no Reino Unido.


Servizos relacionados
Máis casos
Cóntame que necesitas.
Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.


