Instituto de Investigacións Mariñas (IIM)
- Cliente
- Instituto de Investigacións Mariñas (IIM)
- Sector
- Investigación científica

O reto
Despois de 15 anos coa mesma identidade corporativa, o Instituto de Investigacións Mariñas necesitaba unha identidade nova e un documento que proxectase ao exterior o que son, o que fan e por que é importante.
É un centro puntero que busca estar á vangarda en cantos máis frontes sexa posible. O seu ton de voz tiña que chegar a estudantes de secundaria, á comunidade científica e ao público en xeral.
Que fixen
Desenvolvín a súa nova identidade e deseñei un libro, Bajo la superficie del IIM, que funcionou á vez como presentación da nova marca gráfica. O proxecto empezou como un traballo de deseño gráfico e foi medrando ata converterse na implantación da identidade en forma de libro.
O ton de voz deseñouse para falar a públicos moi distintos. O logotipo e o estilo de ilustración engaden unha capa de xogo e individualidade nun sector tradicionalmente serio. Tamén produxen contidos web e audiovisuais para os seus grupos de investigación.


Servizos relacionados
Máis casos
Cóntame que necesitas.
Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.


