Terra Ibérica
- Cliente
- Terra Ibérica
- Sector
- Delicatessen

O reto
Terra Ibérica é unha tenda de delicatessen de Vigo especializada en produtos porcinos de alta calidade. Querían un logotipo que reflectise a calidade, a tradición e tamén o produto.
Poucos sectores están tan explotados como o gastronómico: o público está saturado de marcas e chamar a atención é complicado.
Que fixen
Creei unha identidade corporativa pensada para cativar o público e, ao mesmo tempo, comunicar o núcleo do seu negocio: o porco ibérico. Coñecín Terra Ibérica desde os seus inicios e traballei coa súa identidade desde o primeiro día, así que o concepto non estivo influído por ningún proxecto previo.
Alén do branding, deseñei un set de packaging para as súas conservas de produtos mariños.




Servizos relacionados
Máis casos
Cóntame que necesitas.
Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.


