A ficha de Google da túa empresa: o que case ninguén coida

Que revisar na túa ficha de empresa en Google para que a primeira impresión xogue a teu favor.

Cando alguén busca un servizo na súa zona, Google adoita amosar antes un mapa con unhas poucas empresas ca a propia web de ningunha. Esa ficha é a primeira impresión de moitas empresas, e a maioría téñaa abandonada.

O básico que case ninguén remata

  • Nome, enderezo e teléfono exactamente iguais aos da túa web.
  • A actividade principal ben elixida e os servizos descritos con palabras de cliente.
  • Horarios actualizados, tamén os de festivos.
  • Fotografías reais da túa empresa e do teu traballo, non de banco de imaxes.
  • Unha ligazón á páxina correcta da túa web, non só á portada.

As opinións

Pedir opinións a clientes reais e respondelas todas, tamén as malas, con tranquilidade e sen discutir. Unha resposta educada a unha crítica di máis da túa empresa ca dez comentarios perfectos. Nunca merques nin inventes opinións: é contrario ás normas e nótase.

Unha revisión de dez minutos

Busca a túa empresa como o faría un cliente novo e mira que ve. Se algo está desactualizado ou é incorrecto, arránxao hoxe. Despois, reserva un anaco cada mes para engadir unha foto ou unha novidade. Se queres que o revisemos xuntos, podes ver como traballo o posicionamento SEO ou contarme o teu caso.

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?