En márketing B2B é tentador estar en todas partes: web, LinkedIn, Instagram, boletín, anuncios, feiras. O habitual é o contrario do que funciona: moitas canles a medias en lugar de poucas ben traballadas.
Tres preguntas para elixir
- Onde está o teu cliente cando busca ou compara? Non onde está a túa competencia.
- Que canle podes manter durante meses sen depender dun esforzo extraordinario?
- Como vas saber se funciona? Se non se pode medir nin sequera de forma aproximada, é difícil melloralo.
Unha regra útil
Empeza cunha canle que sexa túa (a túa web, que non depende de ningún algoritmo) e engade como máximo unha ou dúas máis cando a primeira funcione. Unha canle abandonada transmite máis descoido ca non estar.
E se xa estás en demasiadas
Fai unha lista de onde publicas e que consultas ou contactos trouxo cada sitio nos últimos meses. O que non achega nada e consome tempo pódese deixar sen drama. Se queres axuda para decidilo, podes ler sobre estratexia de márketing dixital ou contarme onde estás agora.