Viño

Bodegas Loeda, Catro Parroquias

Cliente
Bodegas Loeda (Catro Parroquias)
Sector
Viño
Cuncas de viño branco brindando, imaxe de Catro Parroquias de Bodegas Loeda
01

O reto

Bodegas Loeda está no centro de Ribadavia, o corazón do Ribeiro, e desde alí coida o seu tesouro máis prezado: Catro Parroquias. Buscaban ampliar o seu rango de acción a toda Galicia e, a máis longo prazo, chegar ao resto de España.

02

Que fixen

Encarreguéime do seu márketing dixital e dos seus vídeos corporativos e promocionais. Empecei por deseñar e desenvolver a súa web: sinxela, pero que realzase a calidade do produto. O resultado é unha web limpa e atractiva que usa as súas botellas como principal reclamo, cun módulo de comercio electrónico para mercar os viños desde calquera parte do mundo.

Para o audiovisual crearonse tres pezas: un spot curto, que se emitiu na televisión local e serve para posicionar a marca en redes sociais, e dous vídeos corporativos para presentacións e eventos.

04

Servizos relacionados

05

Máis casos

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?