LIFE iSEAS
- Cliente
- LIFE iSEAS (IIM e CETMAR, entre outros)
- Sector
- Divulgación científica

O reto
O grupo de bioquímica de alimentos do Instituto de Investigacións Mariñas coordinou este gran proxecto europeo, no que colaboran tamén o CETMAR e outras entidades. Estudou o impacto dos descartes pesqueiros e buscou unha alternativa sostible: dar solucións á industria pesqueira para adaptarse á nova lexislación europea.
Necesitaban recoller os fitos do proxecto e documentar o procesamento dos descartes para o seu reciclado.
Que fixen
Deseñei un catálogo coa información clave da investigación e un banner que acompaña ao equipo nas súas conferencias.
No audiovisual, o proxecto constou de tres vídeos: un curto a modo de promoción, un vídeo-documental que explica todos os puntos en detalle e un vídeo demostrativo das técnicas de reciclado. Este último non é o vídeo máis apetitoso que fixen, pero era de gran interese para o proxecto. Ademais de gravar e montar, encarreguéime de estruturar a información do documental.
Vídeo






Servizos relacionados
Máis casos
Cóntame que necesitas.
Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.


