Creatividade

Deseño gráfico e packaging en Vigo e Galicia

Non deseño envases por deseñalos. Primeiro entendemos quen compra, onde e que ten que dicir o produto nese momento. Despois deséñoo para que destaque no lineal e na túa marca.

01

Cando o necesitas

Vas lanzar un produto ou unha liña nova e necesitas que o seu envase conte quen es. Ou o teu packaging actual non se distingue da competencia, vese anticuado ou non transmite a calidade do produto.

Tamén o necesitas se vas vender fóra, onde as etiquetas e os textos deben adaptarse a outros idiomas e mercados, ou se tes unha colección de produtos e falta coherencia entre eles.

Nun contorno comercial saturado, o envase é un soporte publicitario de importancia estratéxica. Transmite o tipo de produto e a identidade de marca nun momento decisivo: o da compra.

Non todo packaging necesita ser caro. Ás veces a mellor mellora é un cambio de etiqueta, de tipografía ou de cor que se aplica sen refacer o envase. Primeiro miro que tes e que problema resolve cada cambio.

02

Como o abordo

  1. 01

    Produto e mercado

    Entendo o produto, quen o compra, onde se vende e que fan os competidores no lineal.

  2. 02

    Concepto

    Propoño unha idea que parta da túa marca e do produto. En Magnetix, por exemplo, o nome da marca deu o concepto.

  3. 03

    Deseño do sistema

    Desenvolvo o envase e a colección: formatos, xerarquía de información, cor e tipografía, de modo que funcionen xuntos.

  4. 04

    Produción

    Preparo os arquivos e coordínome coa imprenta para que o resultado final estea á altura do que se deseñou.

  5. 05

    Produción e seguimento

    Reviso as probas de imprenta e os primeiros exemplares, para comprobar que cores, materiais e acabados saen como se deseñaron.

03

Que recibes

  • Concepto de packaging aliñado coa túa marca
  • Deseño de envases, etiquetas e pezas gráficas
  • Sistema para coleccións: que todos os produtos se lean como unha familia
  • Renders de packaging para validar antes de producir
  • Arquivos preparados para imprenta e coordinación con ela
  • Adaptacións a outros idiomas e mercados cando fan falta
  • Revisión de probas de cor e dos primeiros exemplares impresos
04

Contexto local: Vigo e Galicia

Galicia ten unha industria alimentaria e de conservas con produto de moitísima calidade, ás veces cun envase que non está á altura. Un packaging coidado pode cambiar como se percibe unha lata ou un pack de delicatessen no lineal e nunha tenda. Para Terra Ibérica deseñei un set de packaging para as súas conservas de produtos mariños.

O packaging cosmético é outro mundo, con outros prazos e outras esixencias. Deseñei coleccións completas para Profusion Cosmetics, desde estoxos de brochas ata kits de maquillaxe para campañas estacionais, traballando desde Vigo cun equipo de márketing de Estados Unidos e Reino Unido.

A produción tamén é local. Traballar con imprentas da zona facilita os prazos e a revisión de probas, e permite explorar acabados como troquelado, stamping ou barniz UV cando a peza o pide. Fixémolo cunha imprenta galega para os seus postais corporativos.

Se exportas, o packaging ten que funcionar en varios idiomas sen que o deseño se rompa. Plantexoo así desde o principio, para non ter que refacelo despois.

Se o teu produto se vende en Galicia e tamén se exporta, o envase debe levar os textos nos idiomas que correspondan, coa información obrigatoria de cada mercado, e iso condiciona o deseño desde o principio. Plantéxoo desde o inicio para que o espazo e a xerarquía non se rompan ao engadir idiomas.

05

Casos relacionados

06

Preguntas frecuentes

Deseñas só o envase ou tamén a marca?

As dúas cousas, segundo o que necesites. Se a marca xa existe, deseño o packaging dentro do seu sistema; se non, podemos traballar primeiro a identidade e despois o envase.

Podo ver como quedará antes de imprimir?

Si. Preparo renders do packaging para validar o deseño antes de producir e, cando convén, traballo con probas de imprenta.

Coordínaste coa imprenta?

Si. Preparo os arquivos segundo as súas especificacións e reviso as probas con eles. Se xa tes imprenta, traballo coa túa.

Deseñas coleccións de produtos?

Si. Unha colección necesita un sistema que faga que cada produto sexa distinto e, á vez, que todos pertenzan á mesma familia.

Tamén deseñas outras pezas gráficas?

Si: cartelaría, folletos, papelaría, rotulación e pezas de comunicación. Sempre dentro da liña da túa marca.

Que preciso saber para empezar?

Que vendes, a quen, en que canles e con que orzamento de produción. Con iso decídese o formato, os materiais e o nivel de acabado.

Deseñas o envase se xa teño fabricante?

Si. Pido as súas medidas, troqueis e requisitos técnicos, e deseño dentro do que ese fabricante pode producir.

Podo cambiar só a etiqueta?

Si. Ás veces é a forma máis eficaz de mellorar sen refacer todo o envase. Valorámolo segundo o teu produto e o teu orzamento.

07

Servizos relacionados

Cóntame que necesitas.

Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.

Que queres conseguir?