Voos de dron en interiores industriais
A túa planta por dentro, a vista de dron.
Voos de dron dentro de naves, plantas e talleres para amosar unha instalación enteira, coa súa escala e o seu ritmo de traballo, dun xeito que unha cámara en man non alcanza. Forma parte do servizo de produción audiovisual.
Cando o necesitas
Tes unha instalación que impresiona a quen a visita, pero que non se pode amosar ben con fotos nin con planos de cámara fixa. Un percorrido por dentro, de principio a fin, conta como é a planta e como se traballa nela.
Adoita interesar a empresas industriais que reciben visitas de clientes ou auditores, que van a unha feira, que queren un vídeo corporativo con algo diferente ou que teñen que explicar un proceso longo que ocupa varias zonas da nave.
Non todos os espazos permiten voar. Depende do tamaño, da iluminación, do que haxa no aire e da actividade do momento. Por iso empezo por unha visita previa, e se o espazo non é adecuado, dígocho antes de propoñerche nada.
Como o abordo
- 01
Visita previa
Percorro a nave contigo, miro o espazo, a luz e as zonas delicadas, e acordamos que se pode voar, que non se debe gravar e en que momento.
- 02
Percorrido e guión
Decidimos que debe amosar o vídeo e deseño o percorrido: por onde entra o dron, que zonas amosa e en que orde.
- 03
Voo e rodaxe
Gravamos con piloto cualificado, coordinado co teu responsable de seguridade e cumprindo a normativa, sen parar a planta nin invadir o traballo de ninguén.
- 04
Edición
Monto o percorrido, coloreo, mestuo o son e preparo as versións que precises: longo para a web e cortes para redes e presentacións.
- 05
Entrega
Arquivos para web, redes, feiras e pantallas, con orientación sobre onde usar cada versión.
Que recibes
- Visita previa á instalación e valoración do espazo
- Percorrido plantexado e guión do vídeo
- Voos en interior con piloto cualificado, cumprindo a normativa
- Imaxes pensadas para amosar a escala e o proceso da planta
- Edición, cor e son
- Versións para web, redes, feiras e presentacións
- Subtítulos e versións noutros idiomas se o proxecto o require
Vídeo
Vídeo corporativo e industrial
Contexto local: Vigo e Galicia
Vigo e a súa contorna concentran naves industriais moi distintas: metalmecánica, naval, automoción e a súa industria auxiliar, conserva, loxística portuaria. Moitas teñen instalacións que custa explicar a quen non as viu, e aí un percorrido por dentro achega máis ca unha descrición.
Gravei en instalacións industriais e en plantas de empresas do sector, entre elas un percorrido pola planta dunha empresa de mecanizado con dron FPV. Se traballas con clientes doutros países, preparo versións con subtítulos e por idioma.
Traballar desde Vigo facilita a visita previa e a coordinación co teu equipo, e permite axustar a rodaxe ás quendas e á actividade da planta.
Preguntas frecuentes
Pódese voar dentro de calquera nave?
Non sempre. Depende do tamaño do espazo, da luz, do que haxa no aire e da actividade. Valorámolo nunha visita previa, e se non é viable dígocho antes de orzamentar.
Hai que parar a produción?
A rodaxe plantéxase para interferir o mínimo. Acordamos contigo os momentos e as zonas, e o que non queiras amosar non se grava.
Quen voa o dron?
Voa un piloto cualificado, coa normativa de uso de drons cumprida. Ti falas sempre comigo.
É só para vídeo corporativo?
É un servizo dentro da produción audiovisual: serve para un vídeo corporativo, para unha feira, para unha presentación ou para amosar a planta a clientes. Decidímolo segundo o obxectivo.
Canto custa?
Depende da duración, do tamaño da instalación e do equipo necesario. Tras a visita previa pásoche por escrito o alcance, o prazo e o orzamento.
Servizos relacionados
- Axencia creativa en VigoBranding, vídeo e deseño cunha mirada humana, tamén para empresas B2B.Ver o servizo →
- Vídeo corporativo en VigoAudiovisual para contar o que fai a túa empresa, tamén en sectores técnicos e industriais.Ver o servizo →
- Presentacións e catálogosDocumentos que explican a túa empresa con claridade e se ven á altura do que vendes.Ver o servizo →
Cóntame que necesitas.
Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.