Seatraces
- Cliente
- Seatraces (proxecto europeo coordinado desde o IIM)
- Sector
- Divulgación científica

O reto
Seatraces é un proxecto de investigación europeo coordinado desde o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. A investigación mariña é, a priori, un sector pouco achegado, e para o proxecto era indispensable chegar ao público xeral e transmitir os resultados do seu traballo.
Que fixen
Tratei o proxecto como a unha empresa ou unha persoa máis á que vestir cunha identidade á altura da súa investigación. A temática de trazabilidade levoume a un concepto baseado na conectividade.
Fixen ademais un proxecto audiovisual que obrigou a gravar en lonxas de peixe, con dron, en laboratorio e noutros escenarios especialmente complexos pola súa actividade diaria. E, como a calquera organización, o proxecto necesitaba unha web: o seu centro de comunicación co exterior.

Servizos relacionados
- Branding en Vigo: identidade de marca con estratexiaValores, voz, identidade e pezas que din o mesmo en todas partes.Ver o servizo →
- Deseño web en Vigo con estratexia detrásWebs á medida para empresas que queren conseguir algo con elas, non só estar en internet.Ver o servizo →
- Vídeo corporativo en Vigo con mirada humanaAudiovisual para contar o que fai a túa empresa, tamén en sectores técnicos e industriais.Ver o servizo →
Máis casos
Cóntame que necesitas.
Dime cal é o teu obxectivo e vemos se ten sentido traballar xuntos.


